Adhesivos

colantes 21-O votamos e botámolos

para baixalo (A4 cor) premede na imaxe

Até o de agora van só publicados cartaces, mais existe outro soporte tamén moi efectivo á hora de difundir mensaxes no mundo real: os adhesivos.

Nesta primeira quenda deixamos para quen goste, as versións adhesivas dos cartaces que levamos feito.

E como facemos para pasalos do virtual ao físico?
Sinxelo:

  1. Primeiro é conseguir papel adhesivo (tamaño A4, “folio”). Véndeno en calquera papelaría ou copistaría.
  2. Despois imprimir nunha impresora normal, como quen imprime un mail.
  3. De seguido cortar pola liña de puntos cunha tesoira. Se vos decides por facelo cun cúter, mellor utilizade un listón de madeira ou unha regra metálica para cortar rectiño, e o mais importante, mételle debaixo un cartón groso ou un xornal vello se non queres deixar a mesa feita un cristo 😉
  4. Et voilà, velaí temos os nosos adhesivos listos para pegar!

Tamén podemos ir que nolos impriman na copistaría, mas non é o mesmo…
Longa vida ao DIY!

colantes 21-O votamos e botámolos

para baixalo (A4 branco e negro) premede na imaxe

que contas?