Category: Comunicados

Señores del ABC

Xa tardaban. Despois da sua participación na anterior campaña co affaire do iate, o panfleto madrileño das grapas volta de novo ao “ataque”.

Non imos a gastar un só segundo en lembrarlles que o bipartito non goberna desde o 2009.

Somente queremos comentarlles unha cousiña:

21O votamos e votamolos

Señores do ABC isto si é unha noticia

Olá

bye vaite Feijoo

O 21 de outubro a cidadanía galega ten unha cita cas urnas.
Varias enquisas indican que o PP ten moitas posibilidades de revalidar a súa maioría absoluta.
Sen entrar a valorar se son máis ou menos acertadas, para nós este hipotético escenario resulta desesperanzador. Por isto é que lanzamos un chamamento ao resto da cidadanía galega crítica.

Se coincides con nós non dubides en participar na difusión desta campaña a prol do voto/boto.
Non hai reglas prestablecidas.
A nosa imaxinación é a arma mais forte ;)

Habilitamos unha páxina con material gráfico. Facede uso del do xeito que prefirades, tanto as imaxes como os textos deste blog están cedidos ao dominio público.

Os comentarios, críticas e achegas son benvidos. Podes contactar connosco a través  dos comentarios dos post ou ben escribíndonos a botamolos(arroba)hotmail.com

Lembrade que tamén estamos em Facebook e Twitter 🙂