Category: Material gráfico

Señores del ABC

Xa tardaban. Despois da sua participación na anterior campaña co affaire do iate, o panfleto madrileño das grapas volta de novo ao “ataque”.

Non imos a gastar un só segundo en lembrarlles que o bipartito non goberna desde o 2009.

Somente queremos comentarlles unha cousiña:

21O votamos e votamolos

Señores do ABC isto si é unha noticia

Adhesivos

colantes 21-O votamos e botámolos

para baixalo (A4 cor) premede na imaxe

Até o de agora van só publicados cartaces, mais existe outro soporte tamén moi efectivo á hora de difundir mensaxes no mundo real: os adhesivos.

Nesta primeira quenda deixamos para quen goste, as versións adhesivas dos cartaces que levamos feito.

E como facemos para pasalos do virtual ao físico?
Sinxelo:

  1. Primeiro é conseguir papel adhesivo (tamaño A4, “folio”). Véndeno en calquera papelaría ou copistaría.
  2. Despois imprimir nunha impresora normal, como quen imprime un mail.
  3. De seguido cortar pola liña de puntos cunha tesoira. Se vos decides por facelo cun cúter, mellor utilizade un listón de madeira ou unha regra metálica para cortar rectiño, e o mais importante, mételle debaixo un cartón groso ou un xornal vello se non queres deixar a mesa feita un cristo 😉
  4. Et voilà, velaí temos os nosos adhesivos listos para pegar!

Tamén podemos ir que nolos impriman na copistaría, mas non é o mesmo…
Longa vida ao DIY!

colantes 21-O votamos e botámolos

para baixalo (A4 branco e negro) premede na imaxe

Tesoiradas (aka RECORTES)

21-O votamos e botámolos

para baixalo (A4 branco e negro) premede na imaxe

Recortar foi a actividade máis salientábel de Feijóo e os seus nesta lexislatura.
Recortar será a súa única actividade se volven gañar.
Xa que lles prestan tanto as tesoiras, o domingo imos mandalos facer algo mais produtivo 😉

Cola este cartaz por aí
e o 21-O bota!

Graciñas ás filhas pola achega 😉

Imos quedar na casa?

21-O votamos e botámolos

para baixalo (A4 cor) premede na imaxe

Son tantos os motivos para botalos que parece incríbel que alguén pense en ficar na casa o 21-O.
Como medida preventiva, daquí ao domingo imos recordarllos aos nosos familiares, amig@, veciñ@s, compañeir@s do choio, xente no bar, etc.

Desde aquí deixámosvos unha pequena axuda a xeito de cartaz. Se vos presta podédelo pegar onde mellor vos pareza: no voso muro de facebook, na uni, no choio, no bar, na biblioteca… Canta mais xente recorde mellor! 🙂

E se precisamos lembrar mais motivos, podemos visitar esta boa e completa web.

21-O votamos e botámolos

para baixalo (A4 branco e negro) premede na imaxe

Feijoo bo xa temos un

21-O votamos e botamolos

para baixalo (A4 cor) premede na imaxe

Buscando fotos en internet do noso actual presidente atopamos un gravado no que aparecía outro Feijoo. Pensándoo ben, á hora de elexir mellor ficar co clásico, non si?

O cartaz é de tod@s, se queres imprímeo e pégao onde mais che preste.

21-O votamos e botamolos

para baixalo (A4 branco e negro) premede na imaxe

Oe, Feijoo é do PP!

o 21-O botámolos

para baixalo (A4 cor) premede na imaxe

Unha das cousas que máis chama atención da campaña do PP galego para as eleccións do 21-O é a evidente estratexia de afastamento con Rajoy e as súas duras políticas de recortes, polémico parche branco incluído.

Se cadra deberíamos lembrar que Feijoo e Rajoy son diferentes caras dunhas mesma agresión.

Se queres facerllo lembrar a mais xente imprime e pega o cartaz onde mais che preste 😉

o 21-O botámolos

para baixalo (A4 branco e negro) premede na imaxe