Chamamento (ILG-RAG)

Ola, isto é un breve e pragmático chamamento dunha parte da cidadanía galega crítica ao conxunto da cidadanía galega crítica.

É evidente que a actual conxuntura socio-económica é grave. Non imos perder tempo en explicar isto, é o día a día de tod@s nós e o dos nosos familiares, amig@s e viciñ@s.

O 21 de Outubro temos unha cita cas urnas. Segundo a maioría das enquisas publicados até o de agora, o PP está moi preto de revalidares a súa maioría absoluta. De seguro que a maioría de nós pensamos que non é esaxerado considerar este escenario como un auténtico suicidio colectivo.

Até aquí é doado coincidirmos, mais é no intre de valorar as posíbeis alternativas e estratexias para impedirmos unha segunda lexislatura de Feijoo onde nacen as diverxencias. Non estamos aquí para nos enguedellar nas silvas dos debates secundarios. Xogámonos moito e hai pouco tempo. Mellor rozala silveira para chegarmos a raíz, o mínimo común denominador que nos une: Deter, ou alomenos frear, o desmantelamento do País que o neoliberalismo está a executar a través do PP

Para iso propomos algo sinxelo:

  1. O 21 botámolos.
  2. O 22 iniciamos a fiscalización dos novos que entran.

Para acadarmos o primeiro dos obxectivos só temos unha vía: que a maioría da cidadanía crítica galega vaiamos votar/botar o 21-O. Sen entrar en consideración de a quen, o noso mínimo común denominador é claro: desaloxar o PP das nosas institucións. A nosa arma tamén: a nosa participación.

Somos conscientes que unha vez conseguido este primeiro obxectivo os nosos problemas non van desaparecer por arte de maxia. Hai moito por mellorar nos partidos á esquerda do PP mais tamén nos nosos hábitos democráticos como sociedade. Ha ser só cunha efectiva fiscalización por parte nosa das accións  do novo goberno que habemos solucionar entre tod@s moitos destes problemas. Mais iso a partires do 22 😉

Para rematar este chamamento só nos fica convidar-vos a Participar.
Como?
Só temos que conseguir que “o votar para botalos” chegue ao maior número posíbel de persoas.

O futuro está por construír.
Forza e inteligencia colectiva!

Advertisements

que contas?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s